Formulario de busca



SMART é unha compañía de nova creación dirixida por Antón Coucheiro, na que reúne a tres das mellores pallasas a nivel galego e estatal, Akira Valero, Natalia Outeiro "Pajarito" e Marta Iglesias. Akira Valero é clown e actriz, con pezas propias coma Abuelo Cuplé e partícipe en varios festivais de improvisación. Natalia Outeiro “Pajarito” é actriz, pallasa, directora de teatro e circo. Foi unha das fundadoras de Pista Catro e traballou con outras compañías galegas como Chévere, Panamesiana ou Voadora. E Marta Iglesias é pallasa, improvisadora e artista de circo. Comezou a súa carreira profesional no seo de Manicómicos (A Coruña) e máis tarde desenvolveu os seus propios espectáculos de clown e pezas como aerealista. Diríxeas Antón Coucheiro, “Cou”, que ten traballado con compañías galegas como Chévere, PistaCatro (da que é co-fundador), Matarile, Factoría, o CDG... En 2014 estreou o seu unipersoal de teatro, Psicópata, e no 2015 fai residencia en Bogotá estreando o seu solo de improvisación, Múltiple.



Máis artistas do catálogo

Fanfarria Taquikardia

+ INFO

Ramón Mirabet

+ INFO

Orquestra Os Modernos

+ INFO

Dínamo Teatro

+ INFO