Formulario de busca

Sumrrá



Sumrrá está considerado coma un dos novos referentes do jazz contemporáneo, levando ao límite a exploración e composición do formato piano-trío de jazz.

Desde o 2000 Sumrrá ten participado en numerosos festivais nacionais e internacionais: Festival de Jazz de Madrid, Festival de Jazz de Oviedo, Festival de Jazz de Alcúdia, Ciclo 1906 de Jazz, Festival ImaxinaSons de Vigo, Festival Internacional de Jazz Tanjazz (Tánxer), Festival Internacional de Jazz de Santa Cruz (Bolivia), Festival de Jazz de Sofía (Bulgaria), Joy of Jazz (Johannesburgo), Jazz in Seoul (Corea)… As súas son composicións propias cun directo impresionante e novidoso, ao que avalan as mellores críticas.

No 2016 Sumrrá lanzou o seu novo quinto disco, Sumrrá V Journeys, editado pola discográfica neoiorquina Clermont Music. Un novo e esperado disco inspirado nalgunhas das cidades polas que Sumrrá ten pasado nas súas xiras internacionais (París, Braga, Johannesburgo, La Paz, Sofía…) Sen dúbida, Sumrrá é un dos grupos máis importantes do panorama jazzístico actual cunha das traxectorias máis sólidas da escena nacional. Agora sorpréndenos cun traballo baseado na loita de 6 mulleres que de unha ou otra forma mudaron a historia. 

Son "unha das propostas máis interesantes da escena jazzística, un proxecto abraiante..." segundo Santiago Tadeo, "unha das propostas máis estimulantes do jazz contemporáneo español" para Emilio L. Castellanos, e "un trío de profundas conviccións de son empastado pleno de forza e dramatismo ao que non lle faltan nin a dose xusta de técnica nin lirismo, nin swing. Poucos en España poden equipararse en calidade creativa" , para Enrique Farello. Ou, como di Yahvé M. de la Cavada en Cuadernos de jazz, “O power-trio galego, tras década e media de actividade, deixa claro que aínda ten moito que dicir e, de feito, cada vez dino mellor. O seu directo é un dos máis sólidos que se poden escoitar no noso país, ofrecendo música intensa co xusto equilibrio entre forma e contido, ademais da súa marcada personalidade europea e os seus fascinantes harmonías, aptas para enganchar por igual ao neófito e ao jazzista recalcitrante".
 



Máis artistas do catálogo

Rilo & Penadique

+ INFO

Djuggledy

+ INFO

Verbena Galega

+ INFO

Verbena Galega

+ INFO