Formulario de busca

Talabarte



Premio Martín Códax 2017 na categoría de Músicas do Mundo

Neste proxecto únense tres indispensables da escena musical galega: o violín de Quim Farinha, o acordeón diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin García. Os seus nomes están intimamente vencellados con grandes proxectos da música galega coma Berrogüetto ou Marful, e tamén con prestixiosos músicos de jazz coma Jorge Pardo, Walter White ou Steve Brown.

Tras publicar o seu primeiro traballo discográfico, recibiron grandes eloxios de crítica e público, levando a súa musica por teatros, auditorios e festivais da Península Ibérica, Bretaña, Serbia... A súa imaxinación lévaos a desenvolver proxectos orixinais, dende concertos singulares como Ao son da cociña, que une música, gastronomía e arquitectura, a ideas como a do libro-disco Fake. Este traballo saíu en 2016 con ilustracións de Pablo Xiráldez "O Pastor" e textos de Carlos Meixide acompañando músicas que, inspiradas por esas historias que non se sabe canto teñen de real e canto de mentira, beben da tradición europea de ritmos bailables. 

Os seus concertos teñen risco, improvisación e contundencia. Un grupo a non perder, que mantén en movemento a alma e os pés.

 



Máis artistas do catálogo

O Capitán Garfo

+ INFO

Peter Punk

+ INFO

Leo Bassi

+ INFO

Clara Peya

+ INFO