Formulario de busca

Trópico de Grelos



Trópico de Grelos son unha asociación cultural formada por mozos e mozas de Santiago de Compostela cunha inquedanza común: a percusión. Recollendo dende Galicia os sons afrobrasileiros, as súas alegres e participativas actuacións enchen a rúa de música e cor.

Ademais, Trópico de Grelos leva a escola de percusión Prucupá e organiza o Bate Batuke, unha xornada festiva na que se levan ao cabo unha serie de actividades abertas ao público de todas as idades. Concertos, obradoiros de percusión e danza, espectáculos, circo… Todo culminado cun gran pasarrúas ao día seguinte por algún dos recunchos máis emblemáticos do casco histórico compostelán. Superadas seis edicións e dez anos de historia da Asociación Trópico de Grelos, nos que se conseguiu asentar o evento como xornada de referencia na zona, seguen difundindo a súa paixón aló onde van.



Máis artistas do catálogo

Pedro Brandariz

+ INFO

Celina da Piedade

+ INFO

Kanbahiota

+ INFO

Assircópatas

+ INFO