Formulario de busca



Chegados do Raval, o barrio máis multicultural no epicentro de Barcelona, esta banda pon patas arriba o panorama musical catalán. A súa fusión musical, a súa frescura e o seu carácter festivo fixeron desta proposta un éxito de crítica e público que arrasou a todos os niveis dende o minuto cero. No ano que naceu a banda, 2011, Txarango deu xa 50 concertos, e, un ano despois, o seu primeiro álbum foi un bombazo, con 60.000 descargas da web en só seis meses. No 2013 o grupo seguiu medrando, con máis de 80 actuacións en 8 meses, e pechando o ano con dous concertos nos países escandinavos. Co seu disco Benvinguts al llarge viatge romperon fronteiras, xiraron por toda Europa e acadaron proxección internacional. No 2014 saíu SOM*RIU (Somos río), un novo espectáculo, cunha nova xira que ampliou os horizontes sonoros dun proxecto marcado por un son enérxico que mestura reggae, ritmos latinos e outras músicas contemporáneas e de raíz. Txarango volve a Galicia con Culturactiva!



Máis artistas do catálogo

Dous son compañía

+ INFO

Rudi Dudi

+ INFO

Mireia Miracle

+ INFO

Pedro Brandariz

+ INFO