Formulario de busca

Vaamonde, Lamas e Romero



Premio Martín Códax 2017 na categoría de Folque

Xesús Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero son tres músicos sen os que a música galega actual non se podería comprender. As súas traxectorias individuais abranguen dende a música de raíz até o folk, a fusión ou o jazz, como intérpretes ou ocupándose da composición e a dirección musical. Sempre recibiron o recoñecemento do público e, como docentes e estudosos da nosa tradición, o respecto do sector. Os seus nomes están vinculados a nomes fundamentais da música galega, xa que o seu talento únese habitualmente, grazas a diversas colaboracións, á música de Mercedes Peón, Fuxan os Ventos, aCadaCanto, Susana Seivane, Leilía, Guadi Galego ou Xabier Díaz, entre outras figuras destacadas. Con elas teñen actuado en varios continentes, dende Xordania a Estados Unidos, pasando por Zimbabwe ou Arxentina. En 2006 decidiron unir os seus talentos para amosaren a súa particular visión da música popular, e seguen demostrando a súa sabedoría aló onde van.



Máis artistas do catálogo

Desastronauts

+ INFO

Yllana

+ INFO

Pepe Viyuela

+ INFO

Caramuxo Teatro

+ INFO