Formulario de busca



Desde moi nova, Vânia Couto participa en asociacións de música e de teatro amador. En Coimbra fixo o mestrado em Psicoloxía Clínica e Sistémica, e a súa paixón pola arte medrou a partir do contacto con diversos organismos culturais, dando pé a unha formación impecable. Membro do GEFAC (Grupo de Etnografia e Folclore da Academia de Coimbra) desde 2006, descobre alí as raíces da música portuguesa. Foi unha das fundadoras da Tuna da FPCEUC e participou en eventos culturais e espazos míticos da cidade, como a Casa de Fados Diligência. Realizou o curso de jazz da escola Sítio de Sons, onde se formou en guitarra e voz, e no 2010 realizou o Curso de Animadores Musicais da Casa da Música do Porto.

Couto forma parte do proxecto Tabacaria (poesía con interpretación e reinterpretacións musicais) e actualmente integra os grupos Macadame (música tradicional portuguesa con interpretacións contemporáneas) e Pensão Flor (formación próxima ao fado), á vez que mantén un proxecto en solitario, Branta.



Máis artistas do catálogo

Trópico de Grelos

+ INFO

Caxade

+ INFO

Rilo & Penadique

+ INFO

Amontonados Por Azar

+ INFO