Formulario de busca



Vaya é unha compañía de circo creada no 2016 por Tim Belime (Portugal) e Berna Huidobro (Chile). Xuntos son un explosivo dúo acrobático, cheo de paixón e harmonía, cun selo artístico inspirado polo humano.

Tim Belime é un artista de circo, en concreto no papel de acróbata e portor na técnica de man-a-man. Un nómade de toda a vida que fundou no 2010 o Trio Satchok tras formarse na escola de circo ACaPA de Tilburg (Holanda), coa que percorreu Europa. Traballou coa compañía Estropicio de Barcelona na creación Praxis, no Western Australian Circus Festival como mestre de acrobacia e no festival FITICH como produtor técnico.

Berna Huidobro é actriz, equilibrista e áxil de man-a-man. Estudou teatro na Universidade Católica de Chile e na escola Berty Tobias de Barcelona, grazas ao cal fundou en 2011 a compañía Giramundo, experiencia que a levou tamén a percorrer o Vello Continente. Desenvolveuse como mestra de equilibrios verticais e cursou un máster en xestión cultural en Barcelona, traballando como produtora de La Fura dels Baus, da Fira Tárrega ou o festival FITICH.



Máis artistas do catálogo

Clara Peya

+ INFO

Dulce Pontes

+ INFO

Suso Vaamonde & Xosé Lois Romero

+ INFO

Guadi Galego

+ INFO