Formulario de busca

Verbena Galega



A Verbena Galega de sempre coma nunca a viches. Ese é o espírito deste espectáculo que lle ofrece ao público máis de cinco horas de música e baile en galego. Unha explosión de música, humor e risa no campo da festa. Trátase, no fondo, dunha revisión do concepto actual de verbena para crear unha proposta única centrada, por un lado, na música de baile tradicional e, polo outro lado, na música de baile máis moderna e mestiza: ritmos latinos, pachanga, cumbia, reggae, etc. E todo coa opción de seren complementadas con diversas actividades para público familiar que, de seguro, encherán de cor calquera festa en Galicia que queira innovar e diferenciarse das demais. A Verbena Galega que Culturactiva propón dura cinco horas de música e baile, co denominador común da lingua galega e coa fusión da festa tradicional e moderna a un tempo. As actuacións musicais divídense en 2 pases (un de cada grupo) coa posibilidade da intervención dun grupo de animación antes da sesión musical e un picadiscos como peche das actuacións. Ademais, é posible contar con espectáculos que ofrezan unha alternativa lúdica para público familiar en torno ao circo, ao clown, ao humor, etc. No fondo é a Verbena de sempre, revisada e feita a medida para calquera vila. Como exemplo, abonda con lembrar como arrincou o 2016 na Praza do Obradoiro compostelá, cunha excepcional Verbena Galega Fin de Ano na que Os d’Abaixo, O Sonoro Maxín e Bigote Mix, nunha gala presentada por Isabel Risco, fixeron que miles de persoas non parasen de bailar.

 



Máis artistas do catálogo

Miguelillo

+ INFO

Juancallate

+ INFO

Sumrrá

+ INFO

Zirika Zircus

+ INFO