Formulario de busca



Esta cantante de orixe francesa inicia a súa carreira en 1990 formando con Tó Viegas o grupo Entre Aspas, co que traballaron durante quince anos e publicaron varios discos. No 2005 inicia a súa carreira en solitario con Amores imperfeitos, e dous anos despois, Viviane. No 2008 homenaxea ao poeta Ary dos Santos en Rúa da Saudade, con tres grandes cantoras, Mafalda Arnauth, Susana Félix e Luanda Cozetti. Deste proxecto sae no 2009 un CD titulado As canções de Ary.. O terceiro CD, no 2011, As pequenas gavetas do amor, cunha sonoridade únicacarismáticas e singulares da música contemporánea portuguesa, Viviane, a medio camiño entre o Fado e a Chanson francesa. O cuarto álbum, Dia Novo (XANGO, 2014) tivo excelentes críticas. No 2015, para celebrar os seus dez anos de carreira en solitario, sae un “Best of” titulado Confidências que reúne as mellores cancións da súa discografía, e inclúe un novo tema, "Fado do beijo" e unha versión do tema "Cantoras do rádio" interpretado por Carmen Miranda no 1936.



Máis artistas do catálogo

Cé Orquestra Pantasma

+ INFO

Daboapipa

+ INFO

Javi Javichi

+ INFO

Zirika Zircus

+ INFO