Formulario de busca

Xiomara Fortuna, A Raíña da fusión



Medalla ao Mérito das Artes

Premio "Gandhi" UNESCO por la paz

Premio Soverano (ex Casandra) como artista feminina do ano

Medalla ao mérito pola loita contra os dereitos das mulleres

Xiomara Fortuna é unha das creadoras musicais máis transcendentais do Caribe e a máis completa e prolífica muller da música dominicana. Con catro décadas de carreira artística levou a súa obra por varios continentes. É pioneira da fusión Afrocaribeña, coñecida no seu país como A raíña da fusión, os seus discos son un documento sonoro dende o afro dominicano á fusión jazz, reggae, pop, rock contemporáneo, latin, merengue e bachata.

De estampa atemporal, a discografía de Xiomara Fortuna é un patrimonio cultural nacional que representa a memoria musical da historia contemporánea, constituíndose nun legado de humanismo e de grande xenio. De la loma al llano (1984), Balbuceos (1994), Kumbajei (1999), Tonada para un querer (2004), Paseando (2010), Pa cantarte a ti  (2010), Sólo poemas (2014), Rosa y Azul (2018), son as súas producións musicais. 

Actualmente vive no seu país República Dominicana e combina a creación musical co activismo cultural, medioambiental e de xénero. Foi merecedora de moitos recoñecementos á súa obra e traxectoria.



Máis artistas do catálogo

Brassica Rapa

+ INFO

Mago Teto

+ INFO

A Feroz

+ INFO

Lois Pérez

+ INFO