Formulario de busca

Yllana + Primital Bros



Unha nova suma de talentos da compañía Yllana. Nesta ocasión súmase a Santi Ibarretxe (Bilbao, 1964), compositor, saxofonista, frautista, cantante e excompoñente do grupo Oskorri. Educado entre o clásico e o jazz, licénciase no Conservatorio Rítmico de Copenhague onde profunda no jazz e en sons moi heteroxéneos.

Á súa volta a España afíncase en Madrid e traballa con artistas relevantes como Antonio Vega, Jorge Pardo, Miguel Ríos, Miguel Bosé, Víctor Manuel e Ana Belén, Carmen París, Víctor Monje "Serranito", Estopa, Perico Sambeat, Bob Rockwell, El Gran Wyoming, La Shica ou Chano Domínguez, ademais de ser o padriño do grupo Prímital e a compañía Prímital Bros.

Prímital é un concepto artístico que a través dos sons onomatopeicos crea toda unha sub-cultura que conecta coa psicoloxía humana no seu lado máis puro. Continúa compondo bandas sonoras, teatro e televisión tras dar forma ao seu soño: Prímital.Na súa discografía figuran "Prímital" (Novos Medios, 2004) e "Prímital Bells" (Vaso Music, 2009).



Máis artistas do catálogo

Os Fondaos do Pífaro

+ INFO

Andy Snatch

+ INFO

Fado Violado

+ INFO

Imaginart

+ INFO