Fanfarria Taquikardia enche Oroso da súa música taquikárdica nesta xornada gastronómica. Farán dous pasarrúas polos bares participantes no concurso de tapas, na sesión vermú, a iso das 12:30, e despois á tarde a iso das 20 horas. Papar e gozar de boa música, que máis se pode pedir!