Calquera época do ano é boa para dar un toque de cor e ritmo, para animarse e participar. Cada ano son máis os festivais que contan con este espectáculo de percusión de Aperta, caracterizado por estar en contacto directo co público, e interactuar con el contaxiándose e bailando ata a extenuación os seus frenéticos ritmos. O bloquinho traballa en festas durante todo o ano (cabalgatas, festas de verán, festas patronais, festivais), demostrando a súa versatilidade. De todos os xeitos, o seu prato forte é o entroido, chegando a desfilar até sesenta percusionistas, con vistosos traxes, acadando unha forte expectación dada a magnitude do son e o propio espectáculo visual, altamente contaxioso, que en si mesmo conforma esta colorista, xigantesca e dinámica festa móbil.