Formulario de busca


Ficha artística

Duración: 75 minutos
Público: Todos os públicos
Tipo espectáculo: Booking Internacional
Yacine Belahcene: Voz e darbuka
Massi Ait Ahmed: Baixo e guembri
Gabriel Fletcher: Guitarra eléctrica
Alexandre Guitart: Batería

Dossier Kit de descarga


Próximas actuacións


Yacine Belahcene presenta Mediterranean Clash, terceiro disco co seu proxecto Yacine & The Oriental Groove. Unha reivindicación das sonoridades 100% mediterráneas, onde debuxan un mapa sonoro máis festivo, próximo e familiar, que convida a celebrar a vida e que foxe dos estereotipos que impoñen, a miúdo, as orixes. Unha música que penetra nas raíces e a tradición para conectar co pop ou o rock, dando paso así a unha sonoridade completamente urbana, nun álbum que fai referencia directa á situación sociopolítica que vive actualmente Europa Occidental. Con todo, lonxe de incidir na vertente pexorativa da palabra "choque" (clash), a música de Yacine Belahcene é o exemplo e a mellor reivindicación da oportunidade que pode supor a situación. E iso é o que respira a súa música e o pouso que deixa en todos aqueles que a escoitan.

Ler máis


Máis espectáculos