Formulario de busca

O cego na feira Carapaus


Ficha artística

Xéneros: Cantares de cego
Duración: 50 min
Público: Todos os públicos
Tipo espectáculo: Música de rúa
Oli Xiraldez: O Cego (Zanfona e voz)
Gustavo Couto: O Lazarillo (Voz)

 

Dossier Kit de descarga


Próximas actuacións


O espectáculo O cego na feira trata de recrear as actuacións que facían os tradicionais personaxes dos cegos polos pobos e aldeas galegas. Con Oli Xiráldez como Cego e Gustavo Couto como Lazarillo, interpretan romances, crimes, mitos e historias recollidas na nosa tradición pero van un pouco máis lonxe. Aportan un toque de humor ao que foi este duro oficio na antigüidade, e crean novas historias con temas actuais que por desgraza nunca pasan de moda (como a política ou a nova emigración), pero sempre dende o punto de vista irónico e sarcástico da vida. Pensado para animación de rúa, feiras, festas e todo tipo de torreiros, neste espectáculo, ademais de coñecer como se comunicaban as novas antes da radio, televisión e internet, tamén haberá momento para cantar, bailar e brincar.

Ler máis


Máis espectáculos

Home Orquestra

+ INFO

A Jangada de Pedra

+ INFO

Concerto magnífico

+ INFO

Proxecto Xangai

+ INFO