Formulario de busca

O mundo está parado Guadi Galego


Ficha artística

Duración: 90 minutos
Público: Todos os públicos
Tipo espectáculo: Pop Indie
Guadi Galego: Voz e piano
Carlos Abal e Guillerme Fernández: Guitarras
Paco Charlín: Baixo
Isaac Palacín: Batería

Dossier Kit de descarga


Próximas actuacións


FORMATO PARA FÓRA DE GALICIA. No 2016, ano en que recibe o Premio Martín Códax da Música á mellor artista na categoría de canción de autor, Guadi Galego presenta O mundo está parado (FOL Música), o seu terceiro álbum en solitario. Dez temas redondos para deter o tempo, con letras que viaxan do persoal á reflexión colectiva sobre cuestións como a identidade e a coherencia. Os seus directos teñen esa sonoridade envolvente con arrecendo pop, un son que camiña entre a tradición e a vangarda e que acada a súa madurez neste traballo. Unha presa de cancións sobre a necesidade de parar a sentir, a reflexionar, a respirar, nun mundo que, malia a aparente velocidade e exceso de información, está parado no máis humano.

Ler máis


Máis espectáculos