Formulario de busca


Ficha artística

Elenco: Juan Rodríguez e Pablo Sánchez
Dirección: Laura Sarasola
Xéneros: Familiar
Duración: 55 min
Público: Público Familiar
Tipo espectáculo: Familiar
Vestiario: Diego Valeiras


Próximas actuacións


Quixote é o segundo espectáculo de Pedras de Cartón. Desta volta afrontan o texto de Cervantes, un dos máis coñecidos da literatura española, en clave de comedia. Cunha estética inspirada no pallaso clásico (moi ao estilo Fellini) e en clave de clown, afrontan as escenas máis icónicas da novela, da relación antagónica entre Quixote e o seu escudeiro Sancho.

Un Velocípedo no que vai montado Quixote será o Rocinante, e un triciclo no que irá montado Sancho será o peculiar Rucio, o asno de Sancho Panza. Ambos elementos fabricados en bambú. No fondo colgará un pano azul que cubrirá todo o escenario e sobre o que se xogarán as escenas de día ou noite.

Ler máis


Máis espectáculos

Lázaro de Tormes

+ INFO

Rosalía

+ INFO

Clownbatientes

+ INFO

Mai Mai

+ INFO