Teatro xestual, clown e humor. Un obstáculo, unha liña, un límite.
Rojo é o camiño dun clown, é unha viaxe aos límites, os que nos impóñen e os que nós creamos. Estrañas provisións de viaxe: chaves, pomos de portas, ilusións, po, lembranzas… Rojo é un diálogo cun muro, unha danza cos confíns, un soño que está máis aló, é algo que deixar atrás para poder avanzar. O motor da viaxe e o desexo de chegar ao outro lado, ao lugar no que están os outros.
Esta obra de Mireia Miracle é un traballo que lembra a Chaplin ao abordar temas sociais como a temática das fronteiras, pero sempre dende o humor, o gag e a linguaxe xestual.
Ler máis