As historias que conflúen nas contadas de Sacar a lingua a p(r)acer mesturan o humor, a tradición oral, a literatura galega e universal e os sucedidos, aqueles feitos que o contador de historias Lois Pérez escoitou ou dixo que escoitou polo mundo adiante. Así, en áxil carreira constante polo seu cerebro, as historias van mudando dependendo do día, a hora e o estado de ánimo do animal escénico (máis animal ca escénico!).
Ler máis