Unha gorxa chea de paxaros
Ficha artística
Luís E. Correa Piñeiro (Voz, gaita, requinta, zanfona e percusións)
Pablo Rial Salgueiro (Voz, acordeón diatónico, gaita e percusións)
Isaac Teniente Molinos (Voz e percusións)
Juan A. Álvarez Iglesias (Voz, gaita, pínfano e percusións)
Gabriel Pérez Torrón (Voz, gaita, clarinete, requinta, pínfano e percusións)
Sinopse
Os Carunchos renden homenaxe ao poeta Manuel María musicando unha selección dos seus poemas. No marco do seu 30 aniversario, neste 2024, Os Carunchos celebran tres décadas de música en galego co gran Poeta da Terra.
Deste encontro prodixioso entre a música e a palabra xorden trece temas, Unha gorxa chea de paxaros e de versos, cos que celebrar a longa vida dunha das bandas fundamentais da música tradicional galega.
Amais, Os Carunchos contan cun formato de pasarrúas, Animación de rúa, que inclúe un vivo repertorio que vai gañando adeptas e adeptos por onde pasa.