Benvidos ao primeiro show de maxia onde o público é quen decide o guión do espectáculo. Nada está escrito nesta montaxe que se camufla baixo a parodia dun concurso televisivo onde lle daremos unha volta á maxia dando a volta á nosa ruleta. Así, o azar porá en xogo a sorte do mago. Non haberá preguntas por resolver. Nin segundos que gañar. As espectadoras e espectadores teñen o control do que sucede sobre o escenario.
Ler máis