Formulario de busca

Xiomara Fortuna, La Reina de la fusión Xiomara Fortuna, A Raíña da fusión


Ficha artística

Xéneros: Afro caribeño
Duración: 75 min
Público: Todos os públicos
Tipo espectáculo: Booking Internacional


Próximas actuacións


Xiomara Fortuna é unha das creadoras musicais máis transcendentais do Caribe e a máis completa e prolífica muller da música dominicana. Con catro décadas de carreira artística levou a súa obra por varios continentes. É pioneira da fusión Afrocaribeña, coñecida no seu país como A raíña da fusión, os seus discos son un documento sonoro dende o afro dominicano á fusión jazz, reggae, pop, rock contemporáneo, latin, merengue e bachata.

É recoñecida internacionalmente pola súa facultade de crear e fusionar a música, polo seu facer co folclore e a súa sensibilidade interpretativa. As súas composicións son viaxes nos tempos, cantares da memoria, cantigas de muller, paseos polos ritmos do mundo e poemas da conciencia e a convivencia. A súa voz ten cantado ás loitas do seu país, sendo presenza en distintos palcos en pos da tolerancia, a educación, o medioambiente e a paz.

Ler máis


Máis espectáculos

A Jangada de Pedra

+ INFO

Liniker e os Caramelows

+ INFO

CantarELAS, 30 aniversario

+ INFO

Deixaas

+ INFO