Formulario de busca

NOVAS

O Movimento Artístico em Rede bota a andar con Guadi Galego e outr@s grandes artistas

Unha fermosa iniciativa arrica en Portugal o vindeiro 8 de decembro, froito da cooperación entre varias axencias galegas (Culturactiva, Mada e Luneda), portuguesa (Banzé), canaria (Folelé), catalá (Balaio) e italiana (Creativi musicali). Chámase M.A.R. – Movimento Artístico em Rede - e inaugúrase no Cine-Teatro Garrett na Póvoa de Varzim con Guadi Galego e outr@s sete destacadísim@s artistas destes países.

Xunto ao concerto de Guadi Galego, que será ás 23 horas na Sala Principal do Teatro, poderá gozarse dos sons dos galegos Davide Salvado e Sumrrá; do dúo portugués Fado Violado; da agrupación italo-arxentino-angolana Forró Miór; da canaria Ida Susal; de Mû Mbana, desde Guiné Bissau; e do tamén luso Galandum Galundaina.

Guadi Galego, despois de ser a voz de Berrogüetto ou desenvolver proxectos coma Espido, con Guillerme Fernández, ou Nordestin@s, con Abe Rábade e Ugia Pedreira, comezou a súa carreira en solitario no 2009 con Benzón, aclamado pola crítica galega e española, que acada o premio ao mellor disco do ano e candidatura aos premios da Música. No 2014 ve a luz o seu segundo traballo en solitario, Lúas de outubro e agosto, e no 2016, ano en que acada o Premio Martín Códax da Música á mellor artista na categoría de canción de autor, sae o terceiro, O mundo está parado (FOL Música, 2016).

Dez temas redondos para deter o tempo, con letras que viaxan do persoal á reflexión colectiva sobre cuestións como a identidade e a coherencia. O seus directos teñen esa sonoridade envolvente con arrecendo pop, un son que funambula entre a tradición e a vangarda e que acada a súa madurez neste último traballo. Unha presa de cancións sobre a necesidade de parar a sentir, a reflexionar, a respirar, nun mundo que, malia a aparente velocidade e exceso de información, está parado no máis humano. Esgotou a primeira tirada, de vinilos, en apenas un mes, e foi escollido polo crítico Fernando Neira entre os cinco mellores discos do 2016. Despois de, en apenas un ano desde a súa estrea, percorrer escenarios de toda a Península, ir a dúas das feiras máis destacadas do Estado, con proxección europea (o Mercat de Música Viva de Vic, e, moi recentemente, a Trovam), Guadi Galego estará este domingo 3 de decembro na Coruña e o venres día 8 en Póvoa de Varzim, sendo parte deste Movimento Artístico em Rede.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Vicki e a felicidade

Carballo

23-04-2024

Horario pendente de confirmación


Made in Galiza

Lugo

25-04-2024

Horario pendente de confirmación


Cacho Animalada!

Sada

26-04-2024

18:30


Made in Galiza

Negreira

26-04-2024

20:30


A primavera ten que ser nosa

Santiago de Compostela

26-04-2024

22:30


O dragón de ouro

Celanova

27-04-2024

Horario pendente de confirmación


Indóciles

Santiago de Compostela

27-04-2024

13:00




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG