Formulario de busca

NOVAS

Compostela acolle unha gala solidaria co Festiclown Palestina

Unha Gala Solidaria con Palestina de Pallasos en Rebeldía (cargada de música, circo, maxia, clown...) terá lugar o 28 de decembro ás 18:30 horas no Teatro Principal. A colaboración solidaria é de 5 euros, e o cartel, o seguinte: a cómica Isabel Risco será a mestra de cerimonias dunha tarde moi especial coas actuacións de Píscore (coa súa musicomedia sen palabras, que mereceu o Premio do Público Festiclown 2017, Concerto Singular), o mago Dani García, as acrobacias de Raquel Veganzones, de Desastronauts, e as de Circo Chosco, e a música de Paco Nogueiras, autor de éxitos entre a rapazada como Brinca Vai! e Radio Bulebule, e a gran cantante Uxía. Existe a posibilidade de adquirir entrada solidaria aínda que non se poida ir (Fila 0) facendo un ingreso nesta conta de La Caixa: ES13 2100 4333 1502 0005 4202.

 

A Asociación Cultural e de Cooperación Internacional Pallasos en Rebeldía é un espazo artístico de solidariedade internacional, transformación política e fraternidade entre os pobos que se expresa a través do clown e as artes circenses, no que conflúen artistas de diferentes países, sobre a base de que a alegría e a risa poden e deben ser transformadoras. Pallasos en Rebeldía está constituída como unha rede internacional de grupos artísticos que promoven a solidariedade e a risa como motores de cambio social; combaten culturalmente á beira das colectividades que lle fan fronte a este sistema global de terror desde a maxia do Circo; e que apostan por unha Humanidade máis bela e máis xusta desde o universo do Clown. Con esta iniciativa quérese contribuír a financiar a próxima edición do Festiclown Palestina, que neste 2017 xa foi pola súa 4ª edición, e é o primeiro festival de clown do mundo árabe.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Made in Galiza

Lugo

25-04-2024

Horario pendente de confirmación


Cacho Animalada!

Sada

26-04-2024

18:30


Made in Galiza

Negreira

26-04-2024

20:30


A primavera ten que ser nosa

Santiago de Compostela

26-04-2024

22:30


O dragón de ouro

Celanova

27-04-2024

Horario pendente de confirmación


Indóciles

Santiago de Compostela

27-04-2024

13:00


Royal Circ

Vigo

27-04-2024

17:30




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG