Formulario de busca

Leo Bassi


Leva o circo no sangue. Hai seis xeracións, un devanceiro de Leo Bassi loitou á beira de Garibaldi antes de crear un dos primeiros circos modernos da Toscana. Pola outra beira familiar, durante o auxe do vaudeville, o seu avó británico Jimmy Wheeler foi unha das estrelas do London Palladium, antes de ser pioneiro en televisión nos primeiros anos da BBC.

Bassi, máis aló de continuar coa tradición familiar, salvagarda un propósito: manter vivo o espírito provocador que caracteriza o selo da súa estirpe. Porque Leo é un bufón, un home comprometido que considera que o pallaso debe mirar directamente ao poder, mofarse del e denuncialo mediante a risa. A provocación é unha ferramenta do compromiso para este italiano que debutou con sete anos en Australia, iniciando aos 23 a súa carreira en solitario, creando os seus propios espectáculos e converténdose, co paso dos anos, nun dos clown máis coñecidos do mundo.



Máis artistas do catálogo

Mercedes Peón

Mercedes Peón

+ INFO

A trastenda dos contos

+ INFO
Aimar & Cía

Aimar & Cía

+ INFO
Boneca Lareta

Boneca Lareta

+ INFO