Formulario de busca


Joan Garriga & el Mariatxi Galàctic

Fundador de Dusminguet e alma da Troba Kung-Fú, Joan Garriga é unha figura clave para entender a evolución da música popular feita en Catalunya durante o século XXI.

O inventor da Rúmbia –híbrido de rumba e cúmbia con denominación de orixe Vallès- é moito máis que un pioneiro da fusión sen confusión: no seu acordeón diatónico cabe a tradición mediterránea, un coñecemento case enciclopédico do universo latino e Xamaica enteira.

Tras compoñer e interpretar en directo a banda sonora das dúas últimas montaxes teatrais de Oriol Broggi, Joan Garriga presenta a súa nova banda, o Mariatxi galàctic, co EP Nocturns de vetlla i revetlla (Nocturnos de vela e verbena). Acompañado polo seu fiel compinche en mil batallas, Marià Roch (baixo), o fogonero da caldeira rítmica, Rambo (batería), e o guitarrista Madjid Fahem (Manu Chao, La Ventura), o da Garriga fai súa a instrumentación habitual dos grupos norteños mexicanos para administrar coma ninguén o legado ético e estético do gran Gato Pérez.



Máis artistas do catálogo

Cé Orquestra Pantasma

Cé Orquestra Pantasma

+ INFO
Culturactiva

Culturactiva

+ INFO

Simplemente Enricco

+ INFO
SU.MA

SU.MA

+ INFO