Formulario de busca

Dani García


Desde que en 2004 Dani García fundou a súa propia compañía co obxectivo de producir e interpretar os seus propios espectáculos, o prestixio do seu nome non deixou de medrar. Na actualidade e logo de máis dunha década de traballo, Dani García compaxina as actuacións en Galicia con estancias, funcións e formacións nos Estados Unidos, recollendo así os froitos da súa formación nas diversas ramas da interpretación e da escena, unha bagaxe que lle permite crear producións propias que son auténticas obras de teatro máxicas, onde todo ten un por que e unha lóxica que fai do ilusionismo algo intanxible, pero próximo para o público. O seu recoñecemento déixase ver nos galardóns que ten recollido no Michigan Magic Day, o Close Up Contest IBM Rising de St. Louis ou o TAO M Texas.



Máis artistas do catálogo

Cris Collazo

+ INFO
Circo no Ato

Circo no Ato

+ INFO
Leo Bassi

Leo Bassi

+ INFO

Jam

+ INFO