Formulario de busca

NOVAS

Arrinca a segunda edición de Terra Máxica

A segunda edición de Terra Máxica terá lugar do 2 ao 30 de abril en diversos escenarios de cinco concellos da provincia de Ourense: Allariz, A Rúa, Baños de Molgas, Barbadás, e Verín. Ademais dos espectáculos de cinco grandes artistas, como Fran Rei, o Mago Teto, Dani García, o Mago Xacobe e o Mago Paco, Terra Máxica caracterízase polo seu apartado formativo, cunha charla específica do Mago Teto, “A incrible historia da maxia", e social, con varias actuacións en centros da terceira idade.

Esta iniciativa, organizada polo Mago Teto e Culturactiva S. Coop. G., mantense grazas ao traballo en rede dos concellos participantes, nun esforzo por achegar a cultura á cidadanía, non só nos grandes escenarios, senón noutro tipo de espazos, e por dinamizar máis aínda a vida cultural destes concellos a través das artes escénicas, máis en concreto, con maxia de primeiro nivel.

Cinco espectáculos de primeiro nivel no programa

Así, a Casa da Cultura de Allariz programará os domingos ás seis da tarde, sendo o primeiro o día 9, co espectáculo O conto de Barriga Verde, de Fran Rei, inspirado en relatos de Manuel María, autor a quen se lle dedicaron as Letras Galegas no 2016. O domingo 23 será a quenda do Mago Teto, con 25 anos de Tolemaxias, e esa mesma mañá ofrecerá no mesmo espazo a charla “A incrible historia da maxia”. Xa o domingo 30 tocaralle ao Mago Xacobe, con Ilusións máxicas.

Por outra banda, no Centro Cultural Avenida da Rúa programan tamén os domingos ás seis, mais en distintas datas: abre a programación o Mago Paco con Ledicias o domingo 2; o 9 será a quenda do Mago Teto, coa súa charla ás, 12 horas, “A incrible historia da maxia”, e os 25 anos de Tolemaxias á tarde. E por último, o domingo 23 ás seis, o Mago Dani García dálle unha Volta á maxia. O deste mago será tamén o espectáculo en Baños de Molgas, no Edificio multiusos onda a Estación, o venres 14 ás seis.

Na Casa da Cultura Manuel María de Barbadás, Terra Máxica terá función os venres ás 19 horas, e arrinca, como non podía ser doutro xeito co novo nome, c’O conto de Barriga Verde de Fran Rei o venres 7. A seguir, o venres 21, o Mago Teto ofrece ás 12.30 horas a charla “A incrible historia da maxia” e ás 19 horas un espectáculo moi especial, Xuntanza Máxica, maxia a catro mans co Mago Mimo Anyo. Por último, o venres 28 ás 19 horas, o Mago Xacobe pon en escena Ilusións máxicas.

No Concello de Verín, o espazo escollido será desta volta o Auditorio Municipal, e os días de función, os sábados ás sete: o día 8 arrinca con Fran Rei e O conto de Barriga Verde, o 22 será a charla do Mago Teto “A incrible historia da maxia” (que terá lugar na Casa da Cultura e non no Auditorio), e ás 19 horas, o espectáculo 25 anos de Tolemaxias, do mesmo mago, e xa o sábado 29 actuará o Mago Xacobe con Ilusións máxicas.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

O dragón de ouro

Narón

20-04-2024

Horario pendente de confirmación


Royal Circ

Santiago de Compostela

20-04-2024

18:00


Via Morta

Vimianzo

20-04-2024

20:30


O secuestro da bibliotecaria

Tomiño

21-04-2024

17:30


Via Morta

Sarria

21-04-2024

20:00


Vicki e a felicidade

Carballo

23-04-2024

Horario pendente de confirmación


Made in Galiza

Lugo

25-04-2024

Horario pendente de confirmación




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG