Formulario de busca

NOVAS

Bolboreta bótase a voar!

A polifacética artista Lydia Botana, Bolboreta, está a piques de emprender "Vuelo" novamente. Non é novo nela, que sempre anda "De aquí para alá", pero desta vez por todo o alto, cunha xira que a levará ao WOMEX en Polonia e mesmo a Xapón e a publicación do seu próximo disco. "Vuelo" era o título perfecto.

Música multinstrumentista natural de Culleredo (A Coruña) ten formado parte de diversas agrupacións tanto rock, pop, reggae/ska, coma ensembles de percusión, bandas sinfónicas ou dirección de coros. Titulada polo Conservatorio Superior de Música de A Coruña en Pedagoxía da Linguaxe e a Educación Musical, ten a titulación do Grao Profesional de piano cursado entre o Conservatorio de Culleredo e o da Coruña e o Grao Profesional de percusión. Xunto con diferentes grupos, participou en festivais e circuítos de música coma: Rock Marino 2004 (A Coruña) con Deixaví (trío rock femenino que fundou no 2003); xira co Coro Verdianeum de Parma (Italia) realizando a B.S.O do film L'uomo che verrâ en 2009; 7º Busker´s Festival Barcelona, X e XI Foundation Reggae Festival (Culleredo, A Coruña), IX e XI Festival Reperkusión (Ourense), Brincadeira 2011 (Ordes, A Coruña), Nordestazo Rock 2011 (Malpica, A Coruña), Castañazo Rock 2011 (Chantada, Lugo), Festigal 2012 (Santiago de Compostela), Brincadeira 2012 (Cambre, A Coruña), Festival Revenidas 2013 (Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra), Castelo Rock 2013, etc.

En agosto 2012 gravou “Quen nos queima”, con Rubén Montes e coa colaboración na voz de Garcia Mc (Dios ke te crew) e no baixo Sebas (Che Sudaka) co que é escollida polos estudantes de secundaria de Galicia como gañadora do concurso Correlingua 2013, o que lle dá o alcume de Bolboreta. En 2015 publica Metamorfose, disco EP autoeditado que presentou por todo o estado e Francia en formato acústico e eléctrico do que “Nunca choveu” é o primeiro single. Foi a batería e acordeonista de Labregos do tempo dos Sputniks, formou parte da Banda Fura Fura e colabora nos directos de bandas coma La Pegatina con Xurxo Souto (Diplomáticos de Monte Alto), Canteca de Macao, Konflikto, Dakidarria, Dios ke te crew, Chimango, Zënzar, Desorden Público (Venezuela), Baokas 46, Os Tres Trebóns e os Homes sen Medo… Ten tocado tamén con Gogol Bordello, Manu Chao, Joan Garriga (La Troba Kung Fu/Dusminguet), O´Funkillo, Xabier Díaz…Paralelamente, produce o concerto didáctico para público infantil chamado De aquí para alá que achega as músicas do mundo aos máis pequenos e pequenas dun xeito ameno e divertido.

E neste 2017, despois de vela no Revenidas ou de varias datas en Tenerife, estas son as que virán:

Próximos concertos da xira de Vuelo

6 de outubro, 19 h: Coloquio “As mulleres na insdustria musical”, Festival Sea Sons, Fundación Luis Seoane, A Coruña e concerto ás 22 horas.

7 de outubro, coa Banda Xangai, Ateneu 9Barris, Barcelona

Do 15 ao 20 de outubro: Festival Bajo la misma jaima, Sáhara Occidental

Do 25 ao 29 de outubro: WOMEX, Katowice (Polonia)

TOUR JAPAN 2017

13 de decembro, 19 horas. SHIBUYA Ritmo Solar vol.15 Con Tex & Sun flower seed e Caribean Dandy, con DJ's Caribbean Dandy, Txako e B. Lazer

14 de decembro, SHIBUYA Rebel Fiesta Party con Trio Los Soulcrap e DJ's Kaz Sudo, Txako, Hi De Tagood, B Lazer, Matxa.

15 de decembro, 21 horas. GUNMA KIRYU, club BLOCK Mondo Bongo, con Tex & Sun flower see e DJ convidado Txako, e tamén IzumI・Tadaokari, Jojo e Live Paint con deteLL

16 de decembro, 22 horas. HIGASHI MURAYAMA, Dope Music Bar FOGGY Shank CB200, , con Tex & Sun flower see e DJ convidado Txako, e tamén Takuya, Rah Kawa, Smallest (Dig Dee), Katsu (Open Allstars), B.Lazer (Los Tequila Cokes),ODA

17 de decembro, 19 horas. SHINJUKU CAFE★LAVANDERIA umplugged con Rebel Fiesta Party de Dj's, Txako, Tagood, B. Lazer e Matxa.

19 de decembro, 18 horas. SHIMOKITAZAWA BASEMENT BAR Radical Music Network, con The Cavemans, Dub Bastards, Los Tequila Cokes, Caribbean Dandy, Tetz Matsuoka, Kaz Sudi, Amemiya KSK, Txako, Tagood, Yonesuke System, Matxa, Vj Matcha.

***

22 e 28 de decembro, 18 horas, presentación do libro-disco DE AQUÍ PARA ALÁ, Ámbito Cultural, El Corte Inglés, Santa Cruz de Tenerife.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

As Alumnas

A Coruña

30-03-2024

20:00


Puro inferno

Tui

30-03-2024

22:00


Via Morta

Vilalba

31-03-2024

Horario pendente de confirmación


Dúo Vaguedades

A Coruña

04-04-2024

18:30


Galifunk

Ponferrada

05-04-2024

19:30


Molto Barroco

Vigo

06-04-2024

17:30


Via Morta

Muros

06-04-2024

20:30




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG