Formulario de busca

NOVAS

Caxade continúa presentando 'E isto é o amor' en setembro e outubro

A Coruña, Compostela e Fisterra son os próximos escenarios de presentación de 'E isto é o amor', o último traballo -editado en 2016- do proxecto encabezado por Alonso Caxade. O grupo incorpórase á programación de Vive O Camiño 2017 nas súas paradas de A Coruña, Compostela, e Fisterra.

Esta programación foi lixeiramente alterada por causa da chuvia. Así, a actuación de Santiago de Compostela, prevista para a Praza das Praterías, trasladarase ao Salón Teatro se chove. Mantense a data e os contidos: 19 de setembro desde as 20:00.

A seguir, Caxade levará o seu ritmo indie e pop a Fisterra, nunha data que será o peche da programación de Vive o Camiño. O concerto será o domingo, 1 de outubro, ás 21:00, trala actuación de Fran Rei e Isabel Risco como 'Dous no Camiño'.

E está pendente recolocar o concerto dos Xardíns de Méndez Núñez (A Coruña). Aínda que estaba previsto para o 5 de setembro, tivo que ser posposto por causa da chuvia. En breve anunciarase a nova data. Caxade vai estar precedido pola actuación de 'Dous no Camiño', unha peza teatral na que Fran Rei e Isabel Risco encarnan a dous peregrinos que se atopan no Camiño.

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Rematou o simulacro

Lugo

19-04-2024

Horario pendente de confirmación


O dragón de ouro

Narón

20-04-2024

Horario pendente de confirmación


Royal Circ

Santiago de Compostela

20-04-2024

18:00


Via Morta

Vimianzo

20-04-2024

20:30


O secuestro da bibliotecaria

Tomiño

21-04-2024

17:30


Via Morta

Sarria

21-04-2024

20:00


Made in Galiza

Lugo

25-04-2024

Horario pendente de confirmación




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG