Formulario de busca

NOVAS

Chega a edición máis internacional do Festiclown nos últimos anos

O Festival Internacional de Clown de Galicia, Festiclown, volve ter lugar por terceiro ano consecutivo en Vilagarcía de Arousa. O programa encherá a vila arousá, e, outro ano máis, as parroquias darredor, coincidindo coas festas de San Roque. Esta edición do Festiclown, do 10 ao 15 de agosto, o festival desenvolverase practicamente na súa totalidade nas rúas, para chegar a toda a cidadanía no seu afán por democractizar a cultura.

Ademais, a Mostra Internacional deste ano trae algúns dos nomes máis destacados da escena internacional, coma a compañía belga Okidok, coa cómica Slips, a Fundación Tchyminigagua, que traen desde Colombia os seus impresionantes números de zancos sobre patíns, ou a brasileira Circo no Ato, que xiran por Galicia co seu espectáculo, realizado despois dun ano de traballo en colaboración con la Central del Circ de Barceloan, o Circo Crescer e Viver e a Escola Nacional de Circo do Brasil. E por último, Desastronauts, compañía integrada polo británico Girisho Gordon e Raquel Veganzones, con sede en Galicia, presenta o seu espectáculo Máis alto aínda, estreado con grande éxito na Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas do ano pasado. Este par de acróbatas fan seu, adaptado, o lema clásico do circo “máis difícil aínda”, lanzándose á conquista do aire combinada con outras acrobacias con aro, lume e moito humor.

Nos apartados Certame Intergaláctico e Superroquiños participarán algunhas dos mellores compañías de clown, malabares, maxia... Coma a pallasa Natalia Outeiro “Pajarito”, co'A vida tola, a compañía asturiana Vaques, con Ye orbayu, a vasca Malas compañías con Txatarra, ou as galegas Píscore co seu Concerto singular e Circo Chosco, con Forzu2.

E un ano máis, o Festiclown esténdese ás parroquias, pola súa vocación de achegar a cultura a todos os públicos: Guillán, Carril, Castroagudín, Solobeira e Cornazo poderán gozar tamén de actuacións do mago Dani García ou Fran Rei. O carácter solidario do Festiclown queda tamén patente na parte do programa relacionada coa acción social: a Gala Solidaria Infantil, o domingo á mañá no Salón García, presenta aos magos Teto e Dani García, Os Sete Magníficos Máis Un e Jano Costas. A entrada solidaria, a 5 euros, destinarase aos proxectos que Pallasos en Rebeldía desenvolve en diferentes lugares do mundo. Tamén terán lugar unha acción inaugural cos nenos e nenas do campamento urbano de Vilagarcía, relacionada con derrubar fronteiras, un obradoiro de radio comunitaria con AGARESO, unha actuación do colectivo “Con eles”, unha actuación de Pallasos en Rebeldía co espectáculo O valo, sobre persoas refuxiadas, e unha visita de Pallasos en Rebeldía ao Hospital do Salnés, para levarlles a alegría aos nenos e nenas que non poden gozar do festival a pé de rúa, que terá lugar a próxima semana.

Esta visita será a cargo da pallasa Laura Mandarina, que no apartado formativo do festival ofrece o obradoiro “Curando co riso”. O Formaclown complementarase cun taller de clown de Antón Valén e outro de maxia cómica a cargo do Mago Teto.

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

As Alumnas

A Coruña

30-03-2024

20:00


Puro inferno

Tui

30-03-2024

22:00


Via Morta

Vilalba

31-03-2024

Horario pendente de confirmación


Dúo Vaguedades

A Coruña

04-04-2024

18:30


Galifunk

Ponferrada

05-04-2024

19:30


Molto Barroco

Vigo

06-04-2024

17:30


Via Morta

Muros

06-04-2024

20:30




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG