Formulario de busca

NOVAS

Nova data de Guadi Galego: 6 de outubro no San Froilán

A xira de verán de Guadi Galego remataba o 13 de setembro cun deslumbrante concerto no Mercat de Música Viva de Vic, tras paradas en Ribeira, Compostela, Ames ou Pontevedra, entre outras localidades.

Sen embargo, a artista cedeiresa anuncia xa unha nova data na principal festa do outono galego: o San Froilán, en Lugo. Guadi Galego presentará 'O mundo está parado' o 6 de outubro, desde as 23:30, na céntrica praza de Santa María (Lugo). Conta como artistas convidadas con Dvacas.

 

 

'O mundo está parado', terceiro álbum en solitario da artista, non parou de rodar desde a súa publicación en 2016. En directo a artista (piano e voz) está acompañada de Guillerme Fernández (guitarra), Carlos Abal (guitarra), Paco Charlín (baixo) e Isaac Palacín (batería).

O mundo está parado contén dez temas redondos para deter o tempo, con letras que viaxan do persoal á reflexión colectiva sobre cuestións como a identidade e a coherencia. O seus directos teñen esa sonoridade envolvente con arrecendo pop, un son que funambula entre a tradición e a vangarda e que acada a súa madurez neste último traballo. Unha presa de cancións sobre a necesidade de parar a sentir, a reflexionar, a respirar, nun mundo que, malia a aparente velocidade e exceso de información, está parado no máis humano.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

O conto de Barriga Verde

Lugo

18-04-2024

18:00


Rematou o simulacro

Lugo

19-04-2024

Horario pendente de confirmación


O dragón de ouro

Narón

20-04-2024

Horario pendente de confirmación


Royal Circ

Santiago de Compostela

20-04-2024

18:00


Via Morta

Vimianzo

20-04-2024

20:30


O secuestro da bibliotecaria

Tomiño

21-04-2024

17:30


Via Morta

Sarria

21-04-2024

20:00




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG