Formulario de busca

NOVAS

Xiras de verán

DISTANS_Vol´e Temps

Premio Fetén 2019

Unha viaxe a través das emocións nun espazo visual e sonoro que envolve as escenas de circo acrobático e teatro xestual que conforman un espectáculo orgánico, sensible e divertido.

Distans

MÁIS INFO
 

ROJO_Mireia Miracle

Teatro xestual, clown e humor. Un obstáculo, unha liña, un límite.

Rojo é o camiño dun clown, é unha viaxe aos límites, os que nos impoñen e os que nós mesmos creamos. Estrañas provisións de viaxe: chaves, pomos de portas, ilusións, po, lembranzas…
 

Mireia Miracle

MÁIS INFO
 

ATEMPO_Cía Vaya

Atempo é un espectáculo de circo contemporáneo, unha conmovedora e lúdica peza artística chea de enerxía, humor  e poesía. Mestura impresionantes acrobacias de man a man, danza e teatro xestual, presentando unha visión orixinal da evolución do ser humano e a nosa humanidade.

Atempo

MÁIS INFO

 

A SALTO ATO_Circo no Ato

Danza e acrobacia para un espectáculo de novo circo cheo de alegoría que aborda o mal da época: xógase coa posibilidade de que a vida sexa máis xogo e menos destino, camiños, medios, riscos...

Circo no Ato

MÁIS INFO
 

JOJO_Borja Ytuquepintas

JOJO é a fábula dun orangután que fala do ecosistema e o seu fráxil equilibrio. A poesía visual do arte con area e o relato musical son o marco que acompañará está historia de monicreques.

Jojo

MÁIS INFO
 

SAAABOR!_Culturactiva Producións

Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os nosos protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos.

Saaabor! Culturactiva Producións

MÁIS INFO

 

CRUNCH_Muu

Un espectáculo de novo circo, de vellos amigos, de clown, de malabares diarios para chegar a fin de mes, de saltos mortais, de golpes e caídas das que un aprende e sae adiante e sobre todo de risas que é o máis necesario. Ti non os ves, pero eles estante mirando.

Crunch!, Muu

MÁIS INFO

 

MÁIS ALTO AÍNDA_Desastronauts

Unha muller forte, intelixente, atractiva e divertida topa cun home... Estúpido. El ha facer o que sexa para estar con ela, e ela fará todo o posible por escapar, a súa loita se vai intensificando a medida que atopan un trapecio de balanceo, cordas aéreas e un hula-hoop de lume. .

Mais alto aínda, Desastronauts

MÁIS INFO

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Fran Rei en Ponteareas

Ponteareas
25-01-2020
19:30

Píscore en Pontevedra

Pontevedra
26-01-2020
Horario pendente de confirmación

Pallasos en Rebeldía en Meaño

Meaño
26-01-2020
18:00

Baobab Teatro en Cambados

Cambados
02-02-2020
Horario pendente de confirmación

Baobab Teatro en Vigo

Vigo
03-02-2020
10:00

Baobab Teatro en Vigo

Vigo
04-02-2020
10:00

Baobab Teatro en Vigo

Vigo
05-02-2020
10:00



MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG