Formulario de busca

NOVAS

BRIÓN Inclúe

A Pandemia non pode coa inclusión: Chega a terceira edición de BRIÓN Inclúe.

As persoas con diversidade funcional son protagonistas, nunha edición con horarios e programación máis adaptada aos colectivos.

9 de novembro de 2020. BRIÓN Inclúe cumpre tres anos e, pese as dificultades de este 2020, chega cargado cunha programación presencial que poñerá especial atención ás medidas de seguridade que require a actualidade. Do 9 ao 21 de novembro achégase á cidadanía a terceira edición deste festival que oferta unha programación pensada dende e para a inclusión real de persoas con discapacidade. Unha oferta organizada polo Concello de Brión, xestionada por Culturactiva S. Coop. Galega, subvencionada pola Deputación da Coruña, cofinanciada por Gadis e Froiz e coa colaboración de Andaina PSM. A programación inclúe unha exposición de pintura online e espectáculos de teatro e danza presenciais.

BRIÓN Inclúe:

Cultura libre de barreiras como protagonista.

Do 9 ao 21 de novembro terá lugar BRIÓN Inclúe, cunha programación pensada e estudada para a inclusicón transversal.

XOVES 12 NOV 18:00h na Sala de Exposicións

Falar a mans cheas. Obradoiro e contacontos inclusivo a cargo de Vero Rilo

SÁBADO 14 NOV 20.00h no Centro Cívico Cultural

Límites. Espectáculo de danza inclusiva, a cargo de Experimentadanza en colaboración con Human Dance Projet.

LUNS 16 NOV 11:00h no Centro Cívico Cultural

O Valo. Espectáculo para colectivos de diversidade funcional a cargo de Pallasos en Rebeldía.

VENRES 20 NOV 18.00h na Sala de Exposicións

Unhas gafas como as do avó. Contacontos inclusivo a cargo de Caxoto Contacontos e Gema Santos.

SÁBADO 21 NOV 20.00h no Centro Cívico Cultural

Arte – Homo – Natura. Espectáculo inclusivo de danza e teatro a cargo da compañía S5

DO LUNS 9 AO 21 DE NOV Redes sociais do Concello de Brión

Exposición online. Pezas do obradoiro de Arteterapia da Asociación Andaina PSM.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Baobab Teatro en Mugardos

Mugardos
04-12-2020
Horario pendente de confirmación

Trío Detrés no Mercado de Nadal de Santiago

Santiago de Compostela
04-12-2020
19:00

Baobab Teatro na Estrada

A Estrada
05-12-2020
Horario pendente de confirmación

O cego na feira no Mercado de Nadal de Compostela

Santiago de Compostela
05-12-2020
19:00

Cé Orquestra Pantasma no Mercado de Nadal de Compostela

Santiago de Compostela
07-12-2020
19:00

Pulpiño Viascon no Mercado de nadal de Compostela

Santiago de Compostela
09-12-2020
19:00

Home Orquestra no Val do Dubra

Val do Dubra
11-12-2020
11:00



MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG