29/07/2010
Quen somos
|
Proxectos
|
Fototeca
ROCK & CLOWN, 10 de xullo A Estrada
Coperactiva Cultural-Culturactiva SCG en colaboración co Concello de A Estrada e Idea Rock, achegannos o 10 de Xullo esta nova e orixinal proposta do panorama musical e escénico. A música e o clown xuntos, na procura dun festival único onde a risa, a sorpresa e o rock sirvan de conductores hacia unha nova forma de entender os festivais.
Con destacados artistas en todos os eidos como Leo Bassi ou Elliot pola parte do clown e concertos de primeiro nivel como Nacho Vegas, Elliot Murphy, The Right Ons, Tulsa e Sonic Angels, todo elo de balde!!!
Todo está preparado para ofrecervos Rock & Clown a tarde-noite do 10 de Xullo en A Estrada (Pontevedra)
Para coñecer máis detalladamente a programación do Rock&Clown pincha aquí
EN MARCHA O FESTICLOWN 2010 EN VIGO
DO 26 DE XULLO AO 1 DE AGOSTO DE 2010
ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA O FORMACLOWN 2010
Un ano máis o Formaclown chega a Vigo. 8 cursos impartidos por algúns/algunhas dos/das mellores mestres/as de clown do mundo, aos que poderedes asistir do 26 de xullo ao 1 de agosto.
Para informarte sobre os cursos do Festiclown 2010 entra en
www.festiclown.org
ou para ver toda a información dos cursos
pincha aquí
MANIFESTO DE APOIO AO FESTICLOWN PALESTINA 2010
Convocamos ós colectivos sociais, ao mundo do circo e ós seres humanos amantes da liberdade a mostrar o seu apoio a este manifiesto a favor da realización do FestiClown Palestina 2010 e a exhibir a sua repulsa pola expulsión inxustificada de Iván prado e Laila T. de Israel.
Iván Prado, director do Festiclown, viaxaba a Palestina para proseguir cas xestións del FestiClown Palestina 2010, o Primeiro Festival Internacional de Clown (previsto para este ano) que terá lugar en Palestina. A expulsión inxustificada de Iván Prado mostra a vontade das autoridades israelíes por paralizar o proxecto e continuar a súa estratexia de aillamento da sociedade palestina.
PARA LER E FIRMAR O MANIFIESTO PINCHA AQUÍ
EXPULSADO DE ISRAEL IVÁN PRADO, DIRECTOR DO FESTICLOWN, UN DOS FESTIVAIS DE CLOWN MÁIS IMPORTANTES DE EUROPA
O director do Festiclown (Festival Internacional de Clown de Galicia), con dez edicións ás súas costas, viaxou ao país hebreo para proseguir coas xestións do FestiClown Palestina 2010, O Primeiro Festival de Clown que terá lugar en Palestina en outubro deste ano. Esta expulsión inxustificada mostra a vontade das autoridades israelís por paralizar o proxecto.
Próximos eventos
Única compañía galega estable de clown, formada por sete pallasos e pallasas provintes do teatro profesional, afeccionado e universitario, da televisión, da súa casa, da rúa, do cabaret e de moitos lugares máis.
Galego
|
Castelan
Inicio
Novas
Axenda
Campañas
Ligazóns/
Directorios
Exposicións
¿E tí que pensas?
Envíanos as túas suxerencias para mellorar o portal
Sindicación de contidos
Coper@ctiva Cultural
981 58 28 36 -
info@culturactiva.org
-
Nota Legal