Formulario de busca



Compañía de nova creación da man da vocalista Faia Díaz (Coro Encaixe, De Vacas...) e a contadora Vero Rilo (Daboapipa, Rilo&Penadique...), onde se xuntan por gusto e querenza para investigar os límites e puntos de encontro das súas disciplinas de orixe, achegándoas ata diluílas.

Vero Rilo é unha das transmisoras de emocións máis importantes do momento, unha narradora cunha forza, técnica e expresividade que a fan única e inesquecible.

Faia Díaz é cantante e creadora en De Vacas, que compaxina con outros proxectos musicais como a súa recente obra en solitario Ao cabo leirín. Unha vocalista que manexa unha enorme variedade de rexistros e unha incrible voz, e que se aventura con nós neste proxecto a medio camiño entre a canción e narración.



Máis artistas do catálogo

Culturactiva

+ INFO

Pascuala Ilabaca

+ INFO

Txarango

+ INFO

Liniker e os Caramelows

+ INFO