Formulario de busca

NOVAS

Chega o FORMACLOWN 2017!

O apartado formativo do Festival Internacional de Clown Festiclown, que terá lugar do 9 ao 15 de agosto en Vilagarcía, ten aberto xa o prazo de inscrición até o 4 de agosto. As persoas interesadas poden anotarse xa a través do correo info@festiclown.org ou o teléfono 981 582 836, e obter máis información na web www.festiclown.org. Este ano, as persoas que fagan a inscrición nos tres obradoiros (de clown, con Antón Valén, de pallas@ de hospital, con Laura Mandarina, e de maxia cómica co Mago Teto) gozarán dun desconto de 50 euros, podendo facer o Formaclown completo por 250 euros.

Son tres obradoiros os que integran esta formación, impartidos por mestres/as de primeiro nivel: “O clown, do ridículo ao cómico”, con Antón Valén, o mércores 9 e xoves 10 de agosto, con 16 horas de duración (de 10 a 14 e de 16 a 20 horas). Valén dirixe con Iván Prado a Escola Internacional da Comicidade, e abordará neste curso xeitos de achegarnos á nosa propia humanidade a través do ridículo. Nunha liña semellante, destinado específicamente ao delicado traballo con rapaces e rapazas hospitalizados, a pallasa arxentina Laura Muñoz, fundadora de Mundo Mandarina (gañadora do Festiclown en varias ocasións), presenta o obradoiro “Curando co riso”, o venres 11 e sábado 12, de 12 horas de duración (polas mañás tamén de 10 a 14 e polas tardes de 16 a 18). Mandarina ten traballado na fundación Theodora como pallasa de hospital. E xa por último, co mesmo horario, o luns 14 e martes 15 é a quenda da maxia, co Mago Teto, que formará ao alumnado en maxia cómica. O prezo dos obradoiros é respectivamente de 120, 80 e 100 euros. Os tres xuntos custarían 300 euros, pero anotándose nos tres en info@festiclown.org ou no 981 58 28 36 antes do 30 de xuño, haberá un desconto de 50 euros.

Festiclown 2017

En breve coñecerase en detalle o programa do Festiclown Vilagarcía 2017, que terá lugar entre o 10 e o 15 de agosto. O xa clásico festival de clown e teatro de rúa organizado por Culturactiva Sociedade Cooperativa Galega ten o obxectivo, desde a súa primeira edición no ano 2000, de democratizar a cultura e achegarlla ao pobo. Desde o seu inicio, o festival foi a canteira máis relevante da formación en clown do estado español.

Tamén cómpre sinalar o seu carácter solidario: o Festiclown sempre mantivo unha política de apoio e colaboración permanente con colectivos marxinados ou desfavorecidos e con poboacións en conflito ou faltas de recursos: hospitais, asociacións de solidariedade, colectivos de persoas con discapacidades, grupos de inserción social, poboacións en campos de refuxiados, formaron parte dos nosos programas, recadacións e iniciativas.

Este ano, como novidade, todas as funcións serán gratuitas. Haberá unha gala solidaria que será destinada ao Fondoclown Solidario, para financiar un Proxecto Social que este ano irá relacionado co futuro Festiclown Palestina 2017 e para o traballo que recentemente realizou Pallasos en Rebeldía coas persoas refuxiadas nas diferentes fronteiras europeas: Idomeni, Calais, Atenas...

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

O dragón de ouro

Narón

20-04-2024

Horario pendente de confirmación


Royal Circ

Santiago de Compostela

20-04-2024

18:00


Via Morta

Vimianzo

20-04-2024

20:30


O secuestro da bibliotecaria

Tomiño

21-04-2024

17:30


Via Morta

Sarria

21-04-2024

20:00


Vicki e a felicidade

Carballo

23-04-2024

Horario pendente de confirmación


Made in Galiza

Lugo

25-04-2024

Horario pendente de confirmación




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG