Formulario de busca

NOVAS

Culturactiva e Pallasos en Rebeldía levan á escena “O Valo”, o texto teatral sobre persoas refuxiadas de Carlos Labraña, último Premio Manuel María

O Valo fala do encontro de dous mundos, dúas realidades, dúas consciencias encarnadas en dous personaxes ben distintos: O Soldadiño de Chumbo e Sahara, a rosa do deserto. Un encontro a ambos os dous lados dunha fronteira que non só separa a civilización do baleiro, senón que abre unha ferida no corazón da humanidade. Dous personaxes encarnados por Fran Rei e Saleta Fernández, coa dirección e Iván Prado, escenifican esta historia que ten por protagonista real unha fronteira. Un valo.

A xira de presentación, que financia o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, arrinca a vindeira semana coa estrea o mércores 21 ás 11 no CEIP de Lourido, en Poio, e seguirá por outros dezo concellos galegos. A partir do marabilloso de Carlos Labraña, merecedor do IX Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, O Valo contrapón dous mundos: fronte ao pensamento patético e torpe do Soldadiño de Chumbo, que obedece ordes dos seus superiores desde a fe cega no que sempre lle dixeron que tiña que facer, oponse a sensibilidade de Sahara, unha rapaza que foxe da guerra e que recibiu tantos paus na vida que xa poucas cousas poden detela. A forza e a dignidade desta nena refuxiada farán reflexionar ao público en contraste co soldado, cuxo corazón se debate entre a obediencia, que mesmo lle pode levar a matar en nome dunha patria, e a fraternidade que o impulsa a romper todos os valos.

O proxecto

Nos últimos anos o mundo está a vivir unha crecente crise de refuxiados e refuxiadas que foxen da guerra. Cada día hai miles de persoas que deben tomar a decisión máis difícil da súa vida: abandonar o seu fogar na procura dunha vida mellor. Tal e como informan diversos organismos internacionais, estamos a sufrir a maior crise humanitaria desde a fin da segunda guerra mundial. Segundo os datos facilitados por ACNUR, máis de 60 millóns de persoas tiveron que saír do seu país na última década, para fuxiren de abusos contra os dereitos humanos coma a tortura, a persecución, os conflitos armados, a pobreza extrema e mesmo a morte.

“A xente morre mentras os gobernos gastan miles de millóns en controlar as fronteiras”, afirma Amnistía Internacional. Perante esta situación, Pallasos en Rebeldía – entidade de cooperación internacional a través das artes e con ampla traxectoria en zonas de conflito – decide crear e producir este espectáculo, coa crise das persoas refuxiadas de fondo, para convidar ao público infantil a reflexionar e tomar conciencia sobre esta problemática que está a se enquistar nas nosas fronteiras.

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

O conto de Barriga Verde

Lugo

18-04-2024

18:00


Rematou o simulacro

Lugo

19-04-2024

Horario pendente de confirmación


O dragón de ouro

Narón

20-04-2024

Horario pendente de confirmación


Royal Circ

Santiago de Compostela

20-04-2024

18:00


Via Morta

Vimianzo

20-04-2024

20:30


O secuestro da bibliotecaria

Tomiño

21-04-2024

17:30


Via Morta

Sarria

21-04-2024

20:00




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG