Formulario de busca

NOVAS

Culturactiva en Galicia Escena Pro con dous espectáculos!

Concerto singular (e plural) de Píscore e Pum, Pum!, o novo de Baobab Teatro, estarán no maior encontro profesional de artes escénicas de Galicia.

Culturactiva participa un ano máis en Galicia Escena Pro, o encontro para profesionais das artes escénicas que ten lugar outro xuño en Compostela. É o mercado galego das artes escénicas que cada ano organiza en Santiago de Compostela a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. "Xunto coa súa faceta de exhibición, Galicia Escena PRO articúlase como punto de encontro profesional que busca estimular a dinámica comercial do sector, así como a proxección social da creación escénica. Con estes mesmos obxectivos como meta, celebra a súa quinta edición do 12 ao 15 de xuño de 2017", indican na súa web.


Píscore en Concerto singular

Así, a primeira das nosas compañías en Galicia Escena Pro, Píscore, porá en escena o seu Concerto singular na Casa das Crechas o martes 13 ás doce da noite. Nesta comedia musical sen palabras, Félix Rodríguez, Pepe Cabanelas, Pepe Varela e Diego Rosal, dirixidos por Fran Rei, amósannos a catro virtuosos e prestixiosos músicos que se enfrontan a un gran reto: unha soa marimba para os seus catro pares de mans e as súas dezaseis baquetas! Ao final, conseguirán soar ben e todo...


Pum, Pum!, de Baobab Teatro

Pola súa banda, Pum, Pum!, o novo espectáculo de Baobab Teatro, estará o mércores 14 ás 12.15 horas na Sala Germán Coppini da SGAE. Marieta é coma calquera nena de 5 anos, rodeada de portas que se abren e contan historias. Historias que teñen música e cantan cando Marieta quere, pero Marieta ten unha porta que garda un segredo. Un segredo, que nunca contou e ninguén escoitou, por iso Marieta ás veces non fala e queda calada, por iso Marieta sempre se enfada, por iso dende hai tempo ten pesadelos e máis pesadelos.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Fazulas e o ladrón de Paraugas

A Coruña

28-03-2024

17:00


As Alumnas

A Coruña

30-03-2024

20:00


Puro inferno

Tui

30-03-2024

22:00


Via Morta

Vilalba

31-03-2024

Horario pendente de confirmación


Dúo Vaguedades

A Coruña

04-04-2024

18:30


Galifunk

Ponferrada

05-04-2024

19:30


Molto Barroco

Vigo

06-04-2024

17:30




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG