Formulario de busca

NOVAS

Guadi Galego estará agora na Fira TROVAM

Hai un ano saía á luz o terceiro traballo en solitario de Guadi Galego, O mundo está parado, que estreaba en decembro do ano pasado, por todo o alto, no Concerto de Nadal da Univesidade de Vigo, nun ateigado Teatro García Barbón cunha chea de convidad@s excepcionais. Desde aquela, O mundo está parado non parou, percorreu escenarios de toda a Península, mesmo foi ao Mercat de Música Viva de Vic, e agora regresa a unha feira de música como é a TROVAM. Alí estará o 10 de novembro ás 13:30, no Auditori de Castelló.

No ano 2016, en que recibe o Premio Martín Códax da Música á mellor artista na categoría de canción de autor, Guadi Galego presentou O mundo está parado (FOL Música, 2016), o seu terceiro álbum en solitario. Dez temas redondos para deter o tempo, con letras que viaxan do persoal á reflexión colectiva sobre cuestións como a identidade e a coherencia: seis da súa autoría, tres de Carlos Abal e un de Pachi García, que exerce novamente como produtor musical. O seus directos teñen esa sonoridade envolvente con arrecendo pop, un son que funambula entre a tradición e a vangarda e que acada a súa madurez neste último traballo. Unha presa de cancións sobre a necesidade de parar a sentir, a reflexionar, a respirar, nun mundo que, malia a aparente velocidade e exceso de información, está parado no máis humano.

Con este novo espectáculo xa tivo dous impresionantes concertos de presentación a mediados de decembro do ano pasado, en Vigo e na súa Cedeira natal. Inaugurou este 2017 coa estrea absoluta en Portugal, en Arcoz de Valdevez, e despois de pasar pola Feira do Cocido de Lalín, o mes de marzo foi especialmente intenso: o Teatro Rosalía de Castro da Coruña, o Círculo Recreativo e Cultural do Porriño e o Pazo da Cultura de Narón acolleron o concerto de Guadi, pero tamén un entregado público barcelonés, na Antiga Fábrica de Estrella Damm. No mes de abril volveu saír de Galicia, nesta ocasión para ir a Madrid, e no mes de maio volveu recuncar no SantiAutor coa colaboración especial do trío De Vacas, coas que recuncou no San Froilán, neste outono. No verán tampouco parou: o FestiGal en Compostela, as Festas da Peregrina, compartindo escenario con Xabier Díaz, a Festa do Emigrante de Val do Dubra, Ribeira ou o Mercat de Música Viva de Vic acolleron tamén esta voz inconfundible. Desta volta regresa a unha das feiras de música máis sinaladas.

A Fira Valenciana de la Música Trovam! – Pro Weekend celébrase por quinta edición en Castelló de la Plana, como o punto de encontro máis importante do País Valencià. Conferencias, debates e actuacións teñen lugar no Auditori, centr neurálxico, Teatre Principal, Plaça Major, Plaça Santa Clara, Hort dels Corders... Unha cita ineludible para o sector.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

As Alumnas

A Coruña

30-03-2024

20:00


Puro inferno

Tui

30-03-2024

22:00


Via Morta

Vilalba

31-03-2024

Horario pendente de confirmación


Dúo Vaguedades

A Coruña

04-04-2024

18:30


Galifunk

Ponferrada

05-04-2024

19:30


Molto Barroco

Vigo

06-04-2024

17:30


Via Morta

Muros

06-04-2024

20:30




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG