Formulario de busca

NOVAS

O Festiclown forma parte do XXIX Festival Artístico Internacional da Cultura Popular de Bogotá

Pallasos en Rebeldía e algunhas das nosas compañías de clown, maxia e circo máis destacadas forman parte da programación do XXIX Festival Artístico Internacional da Cultura Popular de Bogotá. Un pasarrúas o venres 24, coa compañía colombiana Tchyminigagua, que xa participaron tamén nos sucesivos Festiclowns da Península e o Festiclown Palestina, e talleres de maxia e circo o sábado 25, con Pablo Muñoz e Circo Chosco, contribúen así ao estourido de circo, alegría e cor polas rúas da cidade.

Xa o xoves estivo Iván Prado, portavoz internacional de Pallasos en Rebeldía, presentando o documental "5 cámaras rotas", codirixido no 2011 polo palestino Emad Burnat e o israelí Guy Davidi. Coproducida por Palestina, Israel e Francia, candidatouse no 2012 ao Óscar á mellor longametraxe documental, e levou o premio ao mellor director en documental internacional no Festival de Sundance 2012 e o Premio Emmy 2013 ao mellor documental. Segue durante varios anos a loita e as protestas pacíficas da xente de Bil'in, Cisxordania, que vai perdendo terras de cultivo pola construción do muro de separación con Israel e o avance dos asentamentos de colonos israelís.

Este venres estrearase na Praza de Bolívar a coprodución internacional entre Pallasos en Rebeldía e Fundación Tchyminigagua. A impresionante posta en escena de Tchyminigagua, compañía de circo social pioneira na técnica de zancos sobre patíns, xa percorreu a Península co Festiclown Vilagarcía, en Móstoles e en Rivas Vaciamadrid, e participaron despois no Festiclown Palestina.

A continuación, na xornada do sábado, terán lugar talleres e actuacións co mago cómico Pablo Muñoz e coa compañía Circo Chosco.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Saaabor! en Poio

Poio
25-06-2018
20:00

Saaabor! en Dumbría

Dumbría
26-06-2018
11:00

O Afiador en Poio

Poio
26-06-2018
20:00

O Sonoro Maxín en Clownia

Sant Joan de les Abadesses
28-06-2018
21:30

Animacreques en Cangas

Cangas
29-06-2018
12:00

Projecto Branta en Lalín

Lalín
29-06-2018
22:30

Animacreques en Moaña

Moaña
30-06-2018
12:00



MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG