Formulario de busca

NOVAS

Pleno nos Martín Códax! Talabarte, V, L e R e O Sonoro Maxín!

Un ano máis saímos con tres artistas premiados dos Martín Códax! Se o ano pasado foran Orquestra Os Modernos, Foxy Freire e Guadi Galego, este ano,  na noite deste mércores 3 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra, levaron a estatuíña Vaamonde, Lamas & Romero na categoría de folque; Talabarte na de músicas do mundo; e O Sonoro Maxín, que ademais o venres dan concerto na propia Pontevedra, na categoría de reggae, ska e cumbia.

O trío máis retranqueiro da nosa música tradicional resultou finalmente elixido entre Os d'Abaixo e Cuarteto Caramuxo na categoría de folque. Velaquí Xosé Lois Romero (tamén candidato en música tradicional, con Xosé Romero e Aliboria) recollendo o premio, con Guadi Galego ao fondo (Premio Martín Códax na categoría da canción de autor o ano pasado).

Outro terceto que bebe da música tradicional, Talabarte, resultou vencedor na categoría de músicas do mundo, onde competía con Tangata e Uxía. Velaquí Kin García, Quim Farinha e Pedro Pascual recollendo a estatuíña. "Somos mellores persoas por ser músicos", dixeron.

E para completar o pleno, O Sonoro Maxín, en plena xira de presentación do seu último traballo, Se7e Dezase7e, arrasaron na categoría de reggae, ska e cumbia, fronte a Bush Doctors e Dakidarría. O grupo estará mañá venres 5 precisamente en Pontevedra, na Sala Karma.

TODAS AS FOTOS SON DE PIXELÍN PHOTO E PODEN VERSE NESTE ÁLBUM.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

As Alumnas

A Coruña

30-03-2024

20:00


Puro inferno

Tui

30-03-2024

22:00


Via Morta

Vilalba

31-03-2024

Horario pendente de confirmación


Dúo Vaguedades

A Coruña

04-04-2024

18:30


Galifunk

Ponferrada

05-04-2024

19:30


Molto Barroco

Vigo

06-04-2024

17:30


Via Morta

Muros

06-04-2024

20:30




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG