Formulario de busca

NOVAS

Próxima parada de Guadi Galego: Centro Niemeyer de Asturias

Este foi un ano imparable, desde a saída do seu terceiro traballo en solitario, O mundo está parado, para Guadi Galego: esgotou a primeira tirada, 1.000 vinilos, en apenas un mes, xirou con máis de 50 concertos por toda a Península, incluíndo Portugal, Barcelona, Madrid, ou feiras con proxección europea como a TROVAM ou o Mercat de Música Viva de Vic. Agora, mentres prepara a xira de despedida para este traballo polos escenarios galegos, cunha nova formación que inclúe as cordas e ventos que lle dan esa sonoridade tan especial, fóra de Galicia segue xirando coa súa banda. O 2 de febreiro estará no Centro Niemeyer de Avilés. Será ás 21 horas na Sala Club, e as entradas pódense obter aquí.

 

Guadi Galego revélase como unha compositora orixinal e única. Premio Martín Códax 2016 na categoría de Canción de Autor, "O mundo está parado" (Fol Música 2016) é o seu terceiro disco en solitario. Esta cantante e compositora ten unha longa traxectoria no panorama musical galego con formacións como Berrogüetto ou colaborando con artistas como Xabier Díaz ou Guillerme Fernández .

O disco reúne 10 temas: seis escritos por Guadi, tres por Carlos Abal e un por Pachi García, novamente produtor musical despois do anterior "Lúas de outubro e agosto". Cancións sobre a pluralidade, a diversidade, unha reflexión sobre a imposibilidade da coherencia nun mundo que, a pesar da aparente velocidade, está parado no máis humano.

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

As Alumnas

A Coruña

30-03-2024

20:00


Puro inferno

Tui

30-03-2024

22:00


Via Morta

Vilalba

31-03-2024

Horario pendente de confirmación


Dúo Vaguedades

A Coruña

04-04-2024

18:30


Galifunk

Ponferrada

05-04-2024

19:30


Molto Barroco

Vigo

06-04-2024

17:30


Via Morta

Muros

06-04-2024

20:30




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG