Formulario de busca

NOVAS

Talabarte,a grande aposta nestes Premios Opinión, xira presentando "Fake"

O trío que integran o violinista Quim Farinha, o acordeonista Pedro Pascual e o contrabaixista Kin García fai pleno nas candidaturas aos premios da música de raíz, vinculados ao xornal La Opinión, na súa XVI edición.

Co seu novo libro-disco Fake, á venda desde novembro do ano pasado, e que presentarán o 1 de abril no Auditorio Municipal de Rianxo, o 6 no Forum Celticum de Culleredo e o 7 de abril no Teatro Principal da Santiago de Compostela (para o que se poden conseguir xa as entradas anticipadas), son unha das grandes apostas destes premios: en primeiro lugar, o álbum, que acompaña as composicións musicais coa inventiva de Carlos Meixide nunha serie de textos e as ilustracións e deseño de Pablo "O Pastor",  é candidato a mellor traballo discográfico do ano. Ademais, é candidato o tema "Loch Nis", unha fermosa e vivaz composición de Quim Farinha que, como o seu propio nome indica, trae sonoridades escocesas e xoga coa historia, non se sabe se real ou non, do monstro do lago Ness. E por último, Pedro Pascual, acordeonista de longa e prestixiosa carreira, é candidato a mellor artista. Deste xeito fai Talabarte pleno, nas tres categorías posibles destes premios.

Non queda atrás Caxade: o músico amesán é candidato a mellor artista onda Pedro Pascual, o zanfonista Germán Díaz e Fernando Barroso, e o seu "Nábia" figura, onda "Loch Nis", "Ecuacións" de Xoán Curiel e "Benditas feridas", de Rosa Cedrón como posible mellor tema orixinal.

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Fazulas e o ladrón de Paraugas

A Coruña

28-03-2024

17:00


As Alumnas

A Coruña

30-03-2024

20:00


Puro inferno

Tui

30-03-2024

22:00


Via Morta

Vilalba

31-03-2024

Horario pendente de confirmación


Dúo Vaguedades

A Coruña

04-04-2024

18:30


Galifunk

Ponferrada

05-04-2024

19:30


Molto Barroco

Vigo

06-04-2024

17:30




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG