Formulario de busca

NOVAS

Yllana volve a Galicia co mellor da súa traxectoria!

Yllana 25 volve a Galicia, un ano despois da súa estrea no FIOT de Carballo, que tamén celebrara no 2016 as súas vodas de prata co público. Desta volta, poderá verse no Auditorio Municipal de Vigo, o Pazo da Cultura de Pontevedra e no Tatro Principal de Ourense. Para todas estas funcións pódese conseguir entrada anticipada, en Ticketea para Vigo, o 5 e 6 de outubro ás 21 horas, e en ATaquilla para Pontevedra (sábado 7 ás 21 horas) e Ourense (domingo 8 ás 19 horas).

2016 foi un ano moi especial para Yllana. Cumpriron 25 anos! E celebrárono como mellor saben facelo, cun novo espectáculo: Yllana 25, que foi estreado no FIOT de Carballo (tamén de 25 aniversario), é un repaso sobre o escenario dos mellores momentos da traxectoria da compañía cunha selección dos mellores 25 sketches dos seus espectáculos. Un esmendrellante espectáculo que fará realidade o desexo dos fans de Yllana de gozar nun mesmo espectáculo dos gags que máis lles gustaron. Let’s rock! Let’s Yllana!

UN CUARTO DE SÉCULO DE HUMOR SEN PALABRAS

Yllana naceu en 1991 como compañía de teatro de humor xestual, aínda que na actualidade diversificou a súa actividade ofrecendo distintas propostas no mundo das artes escénicas e do audiovisual. Dende o seu nacemento, produciron máis dunha vintena de montaxes. Podemos destacar, entre outros, ¡Muu! (1991), Glub, Glub (1994), Hipo (1999), Rock and Clown (2000) ou Musicall (2000). Yllana visitou, dende ese 1991, máis de trinta países, realizou máis de dúas mil representacións e nesas funcións congregou preto de millón e medio de espectadores. Pola súa traxectoria, recibiu galardóns como o Outsanding Unique Theatrical Event por 666 no Fringe Festival de Nova Yor ou o premio ao Mellor Spectacle Etranger en 1993 do Festival Printemps des Courges de Toulouse (Francia). Dende 1996 xestiona o Teatro Alfil de Madrid. A súa aposta céntrase no humor sen palabras. Un humor universal que soubo chegar a multitude de escenarios por todo o mundo. Logo de vinte anos en escena, Yllana é xa unha empresa consolidada no sector, caracterizada pola profesionalidade e complicidade que confire a todos os seus proxectos e con infinidade de premios, recoñecementos e espectáculos que xa están na historia do teatro de comedia.

Culturactiva SCG é a distribuidora en exclusiva para Galicia dos espectáculos de Yllana.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

O Valo chega á Coruña

A Coruña
13-12-2017
17:30

Concerto Magnifico en Frades

Frades
14-12-2017
12:00

Caxade nos Premios Garcia Barros

A Estrada
15-12-2017
20:00

Pum, pum! de Baobab Teatro en Betanzos

Betanzos
16-12-2017
18:00

Bivalvos como galegos en Cerdedo!

Cerdedo
16-12-2017
19:00



MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG