Formulario de busca

NOVAS

Yllana volven traer por Galicia o mellor da súa traxectoria!

A compañía volve por Galicia para deleitarnos cos 25 mellores gags dos seus 25 anos de carreira. Estarán no Auditorio de VIlagarcía de Arousa o sábado 9 de decembro e no Teatro Principal da Estrada do domingo 10.

Yllana naceu en 1991 como compañía de teatro de humor xestual, aínda que na actualidade diversificou a súa actividade ofrecendo distintas propostas no mundo das artes escénicas e do audiovisual. Dende o seu nacemento, produciron máis dunha vintena de montaxes. Podemos destacar, entre outros, ¡Muu! (1991), Glub, Glub (1994), Hipo (1999), Rock and Clown (2000) ou Musicall (2000). Yllana visitou, dende ese 1991, máis de trinta países, realizou máis de dúas mil representacións e nesas funcións congregou preto de millón e medio de espectadores. Pola súa traxectoria, recibiu galardóns como o Outsanding Unique Theatrical Event por 666 no Fringe Festival de Nova Yor ou o premio ao Mellor Spectacle Etranger en 1993 do Festival Printemps des Courges de Toulouse (Francia). Dende 1996 xestiona o Teatro Alfil de Madrid. A súa aposta céntrase no humor sen palabras. Un humor universal que soubo chegar a multitude de escenarios por todo o mundo. Logo de vinte anos en escena, Yllana é xa unha empresa consolidada no sector, caracterizada pola profesionalidade e complicidade que confire a todos os seus proxectos e con infinidade de premios, recoñecementos e espectáculos que xa están na historia do teatro de comedia.

2016 foi un ano moi especial para Yllana. Cumpriron 25 anos! E celebrárono como mellor saben facelo, cun novo espectáculo: Yllana 25, que foi estreado no FIOT de Carballo (tamén de 25 aniversario). Repaso sobre o escenario dos mellores momentos da traxectoria da compañía cunha selección dos mellores 25 sketches dos seus espectáculos. Un esmendrellante espectáculo que fará realidade o desexo dos fans de Yllana de gozar nun mesmo espectáculo dos gags que máis lles gustaron. Let’s rock! Let’s Yllana!

Poderá verse en Vilagarcía o sábado 9 de decembro ás 21 horas, coas entradas, xa dispoñibles en Ticketea, desde 5 euros. E no Teatro Principal da Estrada o domingo 10 ás 19 horas.

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Made in Galiza

Lugo

25-04-2024

Horario pendente de confirmación


Cacho Animalada!

Sada

26-04-2024

18:30


Made in Galiza

Negreira

26-04-2024

20:30


A primavera ten que ser nosa

Santiago de Compostela

26-04-2024

22:30


O dragón de ouro

Celanova

27-04-2024

Horario pendente de confirmación


Indóciles

Santiago de Compostela

27-04-2024

13:00


Royal Circ

Vigo

27-04-2024

17:30




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG