Formulario de busca

NOVAS

A Gala Solidaria Festiclown Palestina encheu o Teatro Principal de Compostela.

Unha Gala Solidaria con Palestina de Pallasos en Rebeldía converteu o Teatro Principal de Compostela nun espazo para a música, o circo, a maxia, o clown e a emoción. A colaboración solidaria do público e as actuacións desinteresadas de Isabel Risco, Píscore, o mago Dani García, Raquel Veganzones, Desastronauts, Circo Chosco, e a música de Paco Nogueiras e Uxía achegaron un pouco máis que outro Festiclown Palestina se faga posible. Tamén é de agradecer a cobertura mediática que recibiu o evento e a grande acollida que tivo dende o Concello.
 
 
A Asociación Cultural e de Cooperación Internacional www.pallasosenrebeldia.org">http://www.pallasosenrebeldia.org">Pallasos en Rebeldía é un espazo artístico de solidariedade internacional, transformación política e fraternidade entre os pobos que se expresa a través do clown e as artes circenses, no que conflúen artistas de diferentes países, sobre a base de que a alegría e a risa poden e deben ser transformadoras. Pallasos en Rebeldía está constituída como unha rede internacional de grupos artísticos que promoven a solidariedade e a risa como motores de cambio social; combaten culturalmente á beira das colectividades que lle fan fronte a este sistema global de terror desde a maxia do Circo; e que apostan por unha Humanidade máis bela e máis xusta desde o universo do Clown. Con esta iniciativa quérese contribuír a financiar a próxima edición do www.festiclown.org">http://www.festiclown.org">Festiclown Palestina, que neste 2017 xa foi pola súa 4ª edición, e é o primeiro festival de clown do mundo árabe.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Made in Galiza

Lugo

25-04-2024

Horario pendente de confirmación


Cacho Animalada!

Sada

26-04-2024

18:30


Made in Galiza

Negreira

26-04-2024

20:30


A primavera ten que ser nosa

Santiago de Compostela

26-04-2024

22:30


O dragón de ouro

Celanova

27-04-2024

Horario pendente de confirmación


Indóciles

Santiago de Compostela

27-04-2024

13:00


Royal Circ

Vigo

27-04-2024

17:30




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG