Formulario de busca

NOVAS

Leo Bassi de xira en Galicia co seu último espectáculo: El último bufón

OURENSE, 18 de abril, MITEU, 22:00h

Poderás informarte próximamente en: http://www.miteu.es/2018/index.html

SANTIAGO: 19 de abril, Teatro Principal ás 20:30h

Prezo: 14 €

Descontos do 50% para algúns colectivos

Mercar entradas: http://entradas.abanca.com/es/event/el-ultimo-bufon-leo-bassi/

CULLEREDO, 20 de abril, Edificio de servicios múltiples, 22:30h

Máis infirmación próximamente

VIMIANZO, 21 de abril, Auditorio casa da cultura, 21:30h

Máis info: http://www.vimianzo.es/media/documentos/2018_AUDITORIO_MAR_ABR_programa.pdf

BURELA, 22 de abril, Casa da Cultura de Burela, 21.00 h

Platea:10 € anticipada e 12 € en billeteira

Anfiteatro: 8 € anticipada e 10 € en billeteira

https://www.ticketea.com/entradas-teatro-leo-bassi-o-ultimo-bufon-en-burela/

No último bufón, o cómico de orixe italiana Leo Bassi repasa os seus 40 anos de traxectoria teatral a través dun descubrimento realizado pola irmá de Leo, Joanna, no arquivo da Fundación Lumière en Lyon, Francia. En maio de 1896, os Irmáns Lumière filmaran ao seu bisavó Giuseppe e ao seu tío Giorgio cando ambos traballaban no Circo Rancy da mesma cidade de Lyon. Son gravacións moi valiosas, probablemente as primeiras imaxes en movemento de pallasos da historia, que nos remontan a tempo a unha era na que Europa aínda tiña toda a súa inocencia e o desexo de vivir.

A partir destas películas, Bassi pon en escena un espectáculo intenso pero ao mesmo tempo divertido no que analiza o "paraíso perdido" do mundo dos bufóns, cunha comicidade diferente do humor irónico e cínico dos cómicos de hoxe en día. Leo Bassi descende dunha antiga liñaxe de comediantes excéntricos e de pallasos circenses vindos de Italia, Francia, Inglaterra, Austria e Polonia. Durante 170 anos, a familia actuou ininterrompidamente. Dela herdou non só sorprendentes habilidades, senón tamén este espírito libertario, irreverente e cosmopolita, esencia do circo do século XIX.

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

O Valo en Pamplona

Pamplona
17-01-2019
19:00

O Valo en Lizarra

Pamplona
18-01-2019
19:30

Baobab Teatro no Grove

O Grove
19-01-2019
11:30

Bandullo Azul en Fornelos de Montes

Fornelos de Montes
19-01-2019
18:00

O Valo en Arizkun

Pamplona
19-01-2019
19:00

Isabel Risco en Fornelos de Montes

Fornelos de Montes
19-01-2019
23:00

Saaabor! en Cerdedo

Cerdedo
26-01-2019
Horario pendente de confirmación



MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG