Cultur@ctiva 04/09/2010 
Quen somos | Proxectos | Fototeca
festiv@ais
Festiclown
Mundoclown
Galeuzca
Olladas do planeta
Terr@ctiva
Coper@ctiva

Formación
Seminario Cómico Galego
Escolactiva
Coñece o teu sexo

Ocio
Fest@ctiva Camp@ctiva Menú do Humor
Aqui a sua publicidade Accion e solidariedade
Accion e solidaridade Nunca Mais Non a Guerra



Proyectos

  Festiclown
O Festival Internacional de Clown de Galicia naceu hai cinco anos, para converterse, co paso das edicións, nun evento cultural sen parangón en Galicia e no Norte da Península, no que a formación teatral comparte espacio co ocio, a calidade artística e a dinamización social. O Festiclown constitúe un intercambio continuo entre artistas e público que se desenvolve en teatros, auditorios, rúas, prazas,… enchendo de humor todos os recantos da cidade.

A marca de identidade do Festiclown é o seu espíritu alternativo e solidario. No 2001, os pallasos do Festiclown, convertidos en líderes políticos por un día, tomaron o edificio do Concello de Pontevedra e simularon a súa liberación, protagonizando unha acción asombrosa ante os cidadáns alí convocados. Por primeira vez, nese mesmo ano, un festival tivo como un dos seus escenarios un hospital. Os pallasos, esta vez convertidos en doutores, sorprenderon coa mediciña da risa aos nenos ingresados na sección de pediatría do Hospital Provincial de Pontevedra.

Festiclown tamén ten achegado o sorriso a outras comunidades do mundo que sufren a anguria dos conflictos e a falta de recursos. Dende Coperactiva, entendemos que a cultura ademais de ser participativa, comunitaria e creativa, tamén debe ser solidaria. Por iso creamos e mantemos edición tras edición un Fondoclown solidario para financiar un Proxecto Social. Dende Galicia e ao abeiro do Festiclown, levamos máis de catro anos apoiando economicamente proxectos alternativos de carácter educativo e cultural, como o Proxecto Educativo “Semillitas del Sol” e a axuda á creación da “Radio Insurxente de Roberto Barrios”, en Chiapas, ou a realización dunha Caravana de Pallasos pola Paz a Palestina (2002) e duas Xiras culturais e de encontro cos Municipios Autónomos de Chiapas (2003 e 2004). A proposta do Festiclown é darlle continuidade a este proxecto de solidariedade Internacional e por iso traballamos no obxectivo de acadar os recursos necesarios que permitan impulsar unha Escola permanenete de formación de Pallasos indíxenas.

En poucos anos, o Festiclown veu consolidando o seu prestixio ata converterse nun dos festivais de clown de referencia obrigada no ámbito estatal e internacional para afeccionados e expertos.

Ao longo da sua historia o festival viviu no 2003 un ano de transición ao ter que suspenderse debido a problemas orzamentarios e de patrocinio. Naceu así o Mundoclown, que acolleu os apartados de Formaclown e as Clownvocatorias artísticas do Festiclown. O éxito de público e o apoio de participantes e figuras internacionais no ámbito do clown e o humor, permitiron que o Festiclown voltase o ano seguinte a Galicia con toda a súa forza, para aterrar na cidade de Santiago de Compostela, sustituíndo así a Pontevedra, onde se celebrara as tres edicións anteriores.


Edicións Realizadas:

1ª Edición: do 18 ao 22 de Xullo de 2000 en Pontevedra.
2ª Edición: do 16 ao 22 de Xullo de 2001 en Pontevedra.
3ª Edición: do 15 ao 21 de Xullo de 2002 en Pontevedra.
4ª Edición: do 2 ao 8 de Agosto de 2004 en Santiago de Compostela.
5ª Edición: do 1 ao 7 de Agosto de 2005 en Santiago de Compostela
6ª Edición: do 1 ao 6 de agosto de 2006 en Santiago de Compostela
7ª Edición: do 30 de xullo ao 5 de agosto de 2007 en Santiago de Compostela

Pincha aquí para acceder á web do Festiclown



« Volver

Galego | Castelan
Inicio
Novas
Axenda
Campañas
Ligazóns/
Directorios
Exposicións


Oficina de distribución teatral


¿E tí que pensas?
Envíanos as túas suxerencias para mellorar o portal



Sindicación de contidos
RSS - sindicación de contidos


Coper@tiva Coper@ctiva Cultural
981 58 28 36 - info@culturactiva.org - Nota Legal